Xornadas formativas no eido do tempo libre na Eurocidade_2020

27 Nov 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca unhas xornadas formativas no eido do tempo libre no marco do proxecto Eurocidade_2020

Obxectivos:
- Apoiar e complementar o itinerario formativo dos mozos e mozas no eido do tempo libre.
- Achegar recursos para a inclusión nas actividades no eido do tempo libre.
Destinatarios/as: mozos e mozas  galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive.
Prazas: 40 prazas
Datas: 14 e 15 de decembro de 2018
Lugar de realización:
Eurocidade Chaves-Verín
Avda. Portugal, Feces de Abaixo
32699 Verín – Ourense

Programa provisional
14 de decembro
18:00 h Chegada das persoas participantes.
18:30 h Exposición de experiencias sobre inclusión de colectivos con diversidade funcional e centros de menores nas actividades de tempo libre.
20:30 h Saída cara o hotel.
23:00 h Velada nocturna.
15 de decembro
09:00 h Ergerse e almorzo
10:30 h Saída dirección Feces de Abaixo
10:00 h Ruta e actividades na natureza
Ruta interpretada e taller sobre o uso da natureza como recurso para a inclusión
- Deporte para a inclusión.
- Natureza e orientación.
Salvo condicións metereolóxicas adversas, durante esta ruta realizarase un Coworking como forma de traballo e cohesión de empresas. Uso do coworking en empresas de tempo libre.
14:00 h Xantar
16:00 h Actividade no local de ensaio da Eurocidade. Metodoloxía e didáctica para a     inclusión no tempo libre. O uso da música como recurso para o tempo libre.
19:00 h Clausura
    
Inscrición: mediante formulario electrónico
Prazo de inscrición: do 27 de novembro ao 9 de decembro de 2018.
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas . Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres  días seguintes, entenderase que non obtivo praza .
Cobertura:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple*
Transporte no ámbito da actividade (realización das visitas ás empresas)
* Os mozos e mozas do concello de Verín e Chaves terán cuberta a manutención pero non o aloxamento.
Transporte: haberá servizo de transporte dende Galicia a Feces de Abaixo con saída o día 14 de decembro (en horario de tarde)  desde A Coruña, con paradas en Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense e regreso o día 15 de decembro (en horario de tarde) ao remate do programa de actividades facendo o mesmo percorrido.


Proxecto Eurocidade_2020

O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible.

No marco do proxecto Eurocidade_2020, esta iniciativa enmárcase na actividade 3. Eurocidade inclusiva, Acción 3.1. Accións de formación para xóvenes e desempregados.

Socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa;Instituto Portugués do Desporto e da Juventud (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.


FORMULARIO DE INSCRICIÓN