Igualdade de xénero no ámbito escolar e laboral. Curtis

26 Nov 2018

O alumnado do IES de Curtis participou o venres 23 de novembro no encontro sectorial de “IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO ESCOLAR E LABORAL”, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, coa intervención de Paula Fernández Rico do centro Quérote+ , no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP).