Bolsas de formación técnica e práctica en materia de comercialización e transformación pesqueira

23 Nov 2018

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoca 2 bolsas de formación técnica e práctica en materia de comercialización e transformación pesqueira.
A contía das bolsas por beneficiario será de 1.050 euros brutos mensuais
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de decembro de 2018
Máis información no BOE do 22 de novembro de 2018