Técnico/a de información xuvenil e animación sociocultural en Coirós

23 Nov 2018

O Concello de Coirós publica as bases para a provisión da praza “Técnica/o de información xuvenil e animación sociocultural”

Titulación:
a) Título de diplomada/o universitaria/o en educación social, ou título de grao en educación social
b) Certificado de profesionalidade de Información Xuvenil
c) Curso básico de Información, Orientación e Asesoramento á Mocidade
d) CELGA 4 ou equivalente
e) Estar en posesión da licenza de condución B1, ou en condicións de obtela na data na que remate o prazo de presentación
de instancias, e dispoñibilidade de vehículo.

O prazo para presentar solicitudes será de 20 días a partir da publicación no BOE
Máis información no BOP da Coruña do 15 de novembro de 2018