Queixo Maquetón 2019

19 Nov 2018

O Concello de Arzúa convoca o concurso de maquetas "Queixo Maquetón 2019"

1º. Poderán tomar parte todos aqueles grupos ou solistas con residencia no Estado español que non teñan ningún álbum publicado, coa excepción dos autoeditados ou que non teñan firmado ningún contrato discográfico.
2º. Só se admitirán traballos encadrados estilisticamente dentro do pop rock e novas tendencias: Rock, Pop, Post Rock, Tecno Pop, Power Pop, Art Rock, Indie, Indie Pop, Electrónica, Electro Pop, Electroclash...
3º. O prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de xaneiro de 2019 ás 15 h. Este día ás 20 h, a dirección do Queixo Maquetón publicará o nome do grupo gañador que actuará en Arzúa o 9 de marzo de 2019. O concerto celebrarase aproximadamente ás 21:30 h.
4º. Todos os grupos ou solistas que desexen participar no concurso Queixo Maquetón 2019, deberán enviar un email a proxectoqueixomaqueton@gmail.com, onde farán chegar:
- Os títulos das 3 cancións que se presenten a concurso, que deberán estarán publicadas no Myspace, Bandcamp ou outras plataformas
- Unha fotografía de calidade en formato JPEG (máx 10 Mb)
- Una biografía do grupo/solista en formato DOC (Word ou similar)
- Dirección, CP, teléfono, correo e la plataforma na que estean colgadas as cancións a concurso
5º. O gañador será elixido por un xurado, que estará formado por profesionais relacionados coa música e os membros da organización. É imprescindible ter un repertorio propio dun mínimo de 30 minutos de duración.
O gañador cede os temas presentados a concurso para o seu posible uso promocional do evento.
6º O gañador deberá estar dado de alta na Seguridade Social o día 9 de marzo de 2019.

Premio:
- 1.300€ en metálico: 1.000€ concepto do concerto que dará na 44ª Festa do Queixo, máis 300€ para gastos derivados do trasporte e aloxamento.
- ACTUACIÓN NO FESTIVAL DO QUEIXO O SÁBADO 9 DE MARZO DE 2019, dentro da 44ª Festa do Queixo, que terá lugar en Arzúa os días 8, 9 e 10 de marzo de 2019.
- ENTREVISTA PROMOCIONAL en Radio Arzúa e as redes sociais do evento.

http://www.festadoqueixo.org/proximamente-bases-concurso-maquetas-queixo-maqueton-2019/