Depointegra Xoven

16 Nov 2018

A Deputación de Pontevedra, no seu reto de reducir o desemprego, está a traballar no programa "DepoIntegra Xoven" co apoio financeiro do Fondo Social Europeo da Unión Europea. O programa está destinado á integración sostible de persoas novas da provincia de Pontevedra no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, co obxectivo de que a mocidade consiga unha formación e un emprego de calidade.

Obxectivos
- Integrar de maneira sostible no mercado de traballo a mocidade en situación de desemprego que non participa nos sistemas de formación ou educación
- Realizar actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade
- Ofrecer estes itinerarios en diferentes localizacións da provincia
- Favorecer a participación de mulleres, persoas paradas de longa duración e colectivos en risco de exclusión social (con discapacidade, poboación xitana e inmigrantes)

Persoas beneficiarias
405 persoas de entre 16 e 29 anos da provincia de Pontevedra, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Que ofrecen
- Axuda económica diaria para as persoas participantes
- Formación para a obtención de certificados de profesionalidade
- Itinerarios formativos de diferentes especialidades con prácticas non laborais
- Formación transversal e complementaria en inglés, informática, busca de emprego, emprendemento e igualdade
- Orientación laboral e titorías individuais

Cando
Os itinerarios levaranse a cabo durante os primeiros meses do ano 2019.

Onde
- Pontevedra
- Vigo
- O Salnés

https://www.depo.gal/depointegra-xoven