Obradoiro formativo: Validación das Aprendizaxes non formais e informais

16 Nov 2018

Obradoiro formativo: Validación das Aprendizaxes non formais e informais.

Obxectivo: Ofrecer orientación sobre a validación de aprendizaxes en xeral e sobre o procedemento de recoñecemento da competencia profesional adquirida a través da experiencia laboral.

Destinatarios: Informadores Xuvenís, Técnicos en Xuventude, Animadores socioculturais e outros profesionais que traballen no ámbito da xuventude.

Data: Luns 26 novembro de 2018.

Lugar: Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela.

Horario: de 16:30 a 18:30 h.

Prazas: 30.

Prazo de inscrición ata 21 de novembro de 2018. Admisión por orde de chegada das solicitudes.

Inscrición na web xuventude.net utilizando o seguinte formulario:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Contidos:

- Características básicas e finalidade da validación.
- Procedementos vixentes de validación das aprendizaxes non formais e informais.
- O Procedemento de Recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.
- A Fase de Asesoramento: identificación e documentación de logros e aprendizaxes.
- A Fase de Avaliación: ferramentas e procesos aplicados.
- A Fase de Acreditación: resultados da validación en relación coa formación e o emprego.