ENCONTRO SECTORIAL NO ESPAZO XOVE DE CURTIS: “IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO ESCOLAR E LABORAL”

15 Nov 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Curtis, o encontro sectorial “IGUALDADE DE XÉNERO NO ÁMBITO ESCOLAR E LABORAL”, un encontro sectorial onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán reflexionar sobre a temática da igualdade de xénero.

OBXECTIVOS:
•Reflexionar sobre o contexto sociocultural e laboral actual e explorar cambios no día a día que constrúan unha sociedade máis igualitaria.
•Ofrecer un espazo de encontro entre a mocidade e profesionais da igualdade .
*Dar a coñecer os servizos de apoio á xuventude en materia de violencia de xénero así como as actividades que levan a cabo os Centros de Información á Muller.


Data: 23 de novembro de 2018.
Horario: 10:45- 12:00h
Lugar: Espazo Xove de Curtis
    Avda. Principal, s/n -
    15379 - Curtis
    A Coruña

Entrada libre para os/as mozos/as interesados/as ata completar aforo.

PROGRAMA
10:45 - 11:00 Benvida
11:00 - 11:10 Presentación do video "polos bos tratos", editado pola concellaría de igualdade do Concello de Curtis
11:15 - 11:45 Mesa Redonda - relacións de parella, celos e control
-Natalia Pita, directora do Centro de Información á Muller do Concello de Curtis
-Paula Rodríguez, traballadora social experta en igualdade do entro de asesoramento afectivo-sexual - Quérote + da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
11:45 Peche do acto

Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.