Bolsas no Laboratorio Europeo de Investigación Nuclear, CERN

15 Nov 2018

O Centro de Investigacións Enerxéticas, Ambientais e Tecnoloxías, CIEMAT, convoca 20 bolsas de especialización do programa FTEC- Spanish  Traineeship  Programme para mozos/as profesionais científicos e tecnólogos. As bolsas desenvolveranse no Laboratorio Europeo de Investigación Nuclear, CERN, (Xenebra, Suíza), en tecnoloxías de grandes aceleradores de partículas, detectores e infraestruturas asociadas.

Requisitos:
Persoas con posesión do Título de Máster en Enxeñería, Física Aplicada ou titulacións equivalentes que comprendan unha formación académica nas áreas temáticas da convocatoria que cumpran que, no momento da publicación desta convocatoria, non transcorrese máis de catro anos desde a obtención do título universitario requirido.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de xaneiro de 2019.
Máis información no BOE do 15 de novembro de 2018 e en http://www.ciemat.es/portal.do?IDM=61&NM=2&identificador=1663