Prevención de drogodependencias e condutas adictivas

14 Nov 2018

A Consellería de Sanidade convoca subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito das drogodependencias e os trastornos adictivos, e atención ás persoas con maior vulnerabilidade pola infección polo VIH, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de decembro de 2018.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SA463G
Máis información no DOG do 13 de novembro de 2018.