Programa de cooperación en materia de mocidade na provincia de Ourense

09 Nov 2018

A Deputación de Ourense convoca un Programa de cooperación en materia de mocidade para os concello da provincia.

A finalidade deste Programa é contribuír ao financiamento das actividades desenvolvidas polos concellos da provincia de menos de 20.000e a Entidade Local Menor de Berán en prol da mocidade ao longo do exercicio 2019.

Contía das subvencións:
A subvención concedida a cada concello poderá acadar a contía máxima de 6.000,00 € e ata o 100% dos custos indisolublemente
vinculados ao desenvolvemento das actividades subvencionadas.

O prazo estará aberto ata o 10 de decembro de 2018.
Máis información no BOP de Ourense do 9 de novembro de 2018