CORRESPONDENTES UNIVERSITARIOS NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA: aberta a convocatoria para o curso académico 2018/2019

07 Nov 2018

A Universidade da Coruña en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado favorece a difusión da información xuvenil entre o alumnado dos seus campus. O prazo para a inscrición no programa remata o vindeiro 16 de novembro ás 14:00 horas.

A Universidade da Coruña ven de facer pública a convocatoria de prazas de Correspondentes Universitarios. O obxecto do programa é difundir a información xerada desde a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (en adiante, DXXPV) entre o alumnado da referida Universidade, favorecendo a participación dos mozos e mozas tanto na elaboración como na difusión da información.

Funcións dos correspondentes universitarios:

  • Xestionar un taboleiro informativo no que haberá información sobre temas de interese para a xuventude e difundir a información no centro no que estuda.
  • Difundir a información sobre os distintos programas e iniciativas para a xuventude publicada no portal web da DXXPV e/ou aquela outra que reciban a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, compañeiros da residencia, facultades, etc., e que sexa de interese para eles.
  • Asistir ás reunións de coordinación que se convoquen, así como aos cursos de formación organizados pola DXXPV e destinados aos correspondentes xuvenís.
  • Aquelas outras que supoñan a mellora na achega de información á mocidade

Beneficios dos correspondentes universitarios:

  • Recibirán gratuitamente formación en materia de información xuvenil.
  • Recibirán gratuitamente o carné xove, o carné internacional de estudante (ISIC) e o carné de alberguista durante o ano escolar no que estean como correspondentes.
  • Recoñeceráselles a través dun certificado o tempo dedicado como correspondentes universitarios, así como a experiencia e competencias adquiridas a través do certificado de educación non formal en materia de xuventude.
  • A vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria expediralles unha certificación que acredite a participación no programa Correspondentes Universitarios para a solicitude de créditos, ata un máximo de 3 ECTS, coa correspondencia de 1 crédito por cada 10 horas, por participación en actividades universitarias.
  • Asignaráselles un titor da Universidade que coordinará e orientará as súas actividades en colaboración cos coordinadores do programa designados pola Consellería.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA E INSCRICIÓN NO SEGUINTE ENLACE:
https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2018/004880/document?logicalId=fe2857ab-ca79-4b80-8e52-5f2e3f1db4ad&documentCsv=11LEKV3AB0SABVO9PA68100S