Proxectos destinados á mocidade no Concello de Ourense

05 Nov 2018

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense pon en marcha a convocatoria das bases para a presentación de proxectos destinados á mocidade, co fin de elaborar o programa de actividades, OURENSE XOVE 2018-2019 e proxectos musicais do Espazo Lusquiños da Mocidade XPRESIÓN-SON 2018-2019.

Os bloques de presentación de propostas serán os seguintes:
BLOQUE 1:
1. Dinamización lúdico - formativa do Espazo Lusquiños da Mocidade
2. Outras Actividades dirixidas á xuventude e actividades nocturnas
3. Servizo de difusión das actividades
BLOQUE 2:
1. Actividades formativo - musicais no Espazo Lusquiños da Mocidade
2. Servizo de difusión das actividades

Os proxectos que se presenten deberán ter en conta, na súa elaboración e programación, a inclusión de elementos transversais coma o fomento da vida saudable e a implicación solidaria e integradora co entorno veciñal e urbano, a equidade de xénero e o fomento de valores.
Os ditos proxectos contemplarán, entre outras,
− Actividades ou dinámicas de fomento da educación en igualdade.
− Actividades ou dinámicas de fomento do coñecemento e difusión dos dereitos das nenas e dos nenos recoñecidos na Convención de dereitos do neno adoptada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989.

As propostas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense e o prazo de presentación será dende o 5 ao 26 de novembro ambos inclusive.

https://www.ourense.gal/images/blogs/180510_bases__proxectos_xuventude_2018-19.pdf