Xuíz/a de paz en Taboadela

05 Nov 2018

O Concello de Taboadela fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz/a de paz titular e substituto.
Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolvemento da función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabilitación, nin procesado ou inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento.
Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.
O prazo estará aberto ata o 23 de novembro de 2018.
Máis información no BOP de Ourense do 3 de novembro de 2018