Curso de Director/a de tempo libre en Santiago de Compostela

05 Nov 2018

A Escola de Tempo Libre Don Bosco realizará un curso de Director de actividades de Tempo Libre en Santiago de Compostela dende decembro de 2018 a febreiro de 2019.

Requisitos
Estar en posesión do título de monitor de actividades de tempo libre.
Acreditar unha experiencia de traballo como monitor no campo da educación/animación no tempo libre de, coma mínimo, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor.
Posuír, polo menos, un título de ensino secundario.

Datas da parte teórica:
Decembro: 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30; mañá do 24
Xaneiro: 2, 3, 4, 19 e 20; mañá do 5
Febreiro: 2 e 3

Horarios:  De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00
Total prazas:  25 alumnos
Prezo:  250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.

O curso consta de 150 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

http://cxdonbosco.org/index.php/menu-escola/cursos