V Concurso de webseries Carballo Interplay 2019

02 Nov 2018

A 6ª edición do Carballo Interplay terá lugar en Carballo do 3 ao 6 de abril de 2019.
Poderán presentarse a competición aquelas webseries producidas entre os anos 2017 e 2019 que teñan un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento da inscrición.
Os episodios inscritos poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou animación, nacionais ou internacionais.
A inscrición farase dende a web do festival  www.carballointerplay.com  cubrindo debidamente o formulario de inscrición en liña.
A inscrición é gratuíta en todos os casos.
A data límite para a inscrición é o 18 de febreiro de 2019

De resultar seleccionada unha webserie, a organización contactará cos seus creadores ou creadoras para solicitar o envío dos capítulos en boa resolución a través da plataforma Wetransfer ou servizo similar, unha captura de vídeo dun minuto e outros materiais promocionais (fotogramas, cartel...).

O formato de proxección será .mov o .mp4 (codec H.264), resolución: 1920x1080 o 1280x720, taxa máxima de transferencia de bits: 20.000 kbps; audio ACC; subtítulos en galego ou castelán incrustados ou en .srt.
Os traballos que entren a concurso deberán estar subtitulados ao galego ou castelán no caso de non ser a versión orixinal en calquera destes dous idiomas.

Os premios outorgados serán os seguintes:
– Mellor webserie: 800 euros e trofeo
– Mellor webserie internacional: 800 euros e trofeo
– Mellor webserie en galego: 800 euros e trofeo
– Premio do xurado novo: 400 euros e trofeo
– Premio do público: 400 euros e trofeo
– Premio a mellor guión: 200 euros e trofeo
– Premio a mellor dirección: 200 euros e trofeo
– Mellor actriz: trofeo
– Mellor actor: trofeo
As webseries producidas en Galicia poderán optar aos dous premios de Mellor webserie e Mellor webserie VO Galego.
En todo caso só poderán optar ao premio á Mellor webserie VO Galego aqueles traballos cuxa versión orixinal sexa en lingua galega.

Máis información no BOP da Coruña do 2 de novembro e en www.carballointerplay.com