ENCONTRO SECTORIAL NO ESPAZO XOVE DE BETANZOS: “NOVOS CULTIVOS DE VIABILIDADE NO MEDIO RURAL”

30 Out 2018

ENCONTRO SECTORIAL NO ESPAZO XOVE DE BETANZOS: “NOVOS CULTIVOS DE VIABILIDADE NO MEDIO RURAL”


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Betanzos, o encontro sectorial “Novos cultivos de viabilidade no medio rural”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades laborais no eido da produción de novos cultivos no medio rural.


CONTIDOS:

- Emprendemento a través de novos cultivos no medio rural

- Análise de produción e cultivo de: quinoa, pistacheiro, kale, “frutas del bosque”, bimi, “kai-lan”, cáñamo industrial, lúpulo...
- Ofrecer ferramentas para que os mozos e mozas adquiran coñecementos que axuden ao seu desenvolvemento persoal e profesional.

- Promover o coñecemento e valorización de novas figuras profesionais como posible saídas profesionais da mocidade.

- Establecer unha dinámica de coñecemento e diálogo entre a mocidade e os axentes económicos do territorio, coa finalidade de impulsar novas oportunidades de colaboración e mentoring.

Data: 14 de novembo de 2018

Horario: 10:00- 13:30 horas

Lugar: Espazo Xove de Betanzos– Espazo Emprende.
R/ Valdoncel, 7. 15.300 Betanzos

Entrada libre para os/as mozos/as interesados/as.


Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega)o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.