Atelier de Outono no Espazo xove de Lalín

30 Out 2018

Aberto o prazo de inscrición para o Atelier de Outono, que contará coa ilustradora Estefanía Padullés consistente nos seguintes obradoiros:
   Obradoiro de Ilustración (15 de novembro)
   Obradoiro de Cómic (22 de novembro)
   Obradoiro de Manga (29 de novembro)

Esta actividade gratuíta, está destinada a rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos.
As actividades desenvolveranse en horario de 19:00 a 20:30 no Espazo Xove de Lalín (Casa da Xuventude)

Para solicitudes e información, no propio Espazo Xove de Lalín, ou chamando tlfno. 886 15 12 67,
e-mail: espazoxovelalin.xuventude@xunta.gal