IV Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía

29 Out 2018

O Concello de Guitiriz convoca o IV Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía.

Poderán concorrer a este certame as poetas e os poetas que o desexen, cos seus poemas escritos en lingua galega, segundo a normativa vixente da Real Academia Galega.
Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, cunha extensión mínima de 500 versos. Deberán ser orixinais e estar inéditos na súa totalidade, condición que se estende ao soporte dixital.
Os e as participantes deberán enviar 4 exemplares da obra, mecanografados, sen remite identificador, ao seguinte enderezo:
IV PREMIO XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO DE POESÍA
Concello de Guitiriz
Rúa do Concello, 4, 27300 Guitiriz
As obras concursantes deberán ostentar un título e un lema, que tamén figurará no exterior dun sobre que conteña a fotocopia do DNI do autor ou autora, o seu teléfono, enderezo postal e correo electrónico, así como un pequeno currículo literario, no caso de que teña obra publicada.
A dotación do premio será de 2.000 €.
O prazo de presentación das obras estará aberto ata o día 31 de decembro do 2018.
Máis información en www.concellodeguiriz.com e na OMIX de Guitiriz, teléfono 982 370 109

http://www.concellodeguitiriz.com/UserFiles/2018/BasesIVPREMIOXOSMDAZCASTRODEPOESA.pdf