Bolsas aeroespaciais

29 Out 2018

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial "Esteban Terradas" convoca bolsas para a formación teórico-práctica e o perfeccionamento tecnolóxico de recentemente titulados nas materias e proxectos propios do Instituto

Requisitos:
Titulados universitarios de nacionalidade española ou dun país membro da Unión Europea, ou estranxeiros residentes en España no momento de solicitar a bolsa que se atopen en posesión do título de graduado, licenciado, enxeñeiro, ou equivalentes, sempre que terminasen os seus estudos, e solicitado o título correspondente, nos catro anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes

Contía:  1000 € mensuais

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de novembro de 2018 en http://sede.defensa.gob.es/acceda/prehome.html  no ligazón "Procedementos" " INTA-Bolsas"
Máis información no BOE do 27 de outubro de 2018 e en www.inta.es