Axudas a familias numerosas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña

29 Out 2018

A Consellería de Política Social convoca axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma.

As axudas convocadas teñen como finalidade sufragar parte dos gastos das estadías e consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os adultos e para os nenos e nenas de 12 ou máis anos, e de 37,50 € para os menores de 12 anos.

Requisitos:
Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 € anuais.

O formulario de solicitude están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia en https://sede.xunta.gal co código BS423D
O prazo estará aberto ata o 29 de novembro de 2018.
Máis información no DOG do 29 de outubro de 2018 e en www.familiasgalegas.org