Deseña o teu futuro co proxecto lidera: prácticas formativas non retribuídas en empresas

26 Out 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social oferta 20 prazas para a realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas en Galicia, no marco do proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA).

OBXECTIVOS
- Aproximación dos mozos e mozas ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estancias titorizadas en distintos sectores do tecido empresarial galego.
- Ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal, para axudalos na toma de decisión do seu futuro perfil profesional mediante o coñecemento da realidade da empresa.
- Apoiar á mocidade na adquisición de coñecementos e habilidades que axudan a completar o seu desenvolvemento persoal e profesional.

DESTINATARIOS/AS:  Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.

NÚMERO DE PRAZAS:  20
DURACIÓN DAS PRÁCTICAS: 10 días
TEMPORIZACIÓN DAS PRÁCTICAS: Do 19 ao 30 de novembro de 2018.
ÁMBITO XEOGRÁFICO: Galicia
SECTORES:
- Agricultura.
- Comercio.
- Gandeiría.
- Xardinería.
- Sanidade animal.
- Industria agroalimentaria

COBERTURA
- Empresa adaptada ao perfil da persoa solicitante e segundo os criterios solicitados polas  empresas colaboradoras no proxecto.
- Titorización e seguimento individualizado.
- Seguro de accidentes e responsabilidade civil
- Convenio de prácticas coa empresa
- Diploma acreditativo da práctica realizada.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 26 de outubro ao 5 de novembro de 2018.
INSCRICIÓN: Mediante envío de formulario electrónico

ADMISIÓN
Criterios:
1) Rigorosa orde de inscrición.
2) Entrevista persoal.
Preselección:
As 20 primeiras persoas solicitantes que cumpran os requisitos esixidos nesta convocatoria, serán convocados mediante correo electrónico a unha entrevista persoal aos efectos de asignación de empresa de prácticas o mais adaptada posible ao seu perfil e segundo os criterios solicitados polas empresas colaboradoras no proxecto.
A entrevista persoal poderá ser: presencial ou por “skype”.
Selección:
Serán seleccionadas as persoas solicitantes cuxo perfil se adapte aos criterios solicitados polas empresas colaboradoras no proxecto
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación nos catro días seguintes á finalización do prazo de inscrición, entenderase que non obtivo praza.

PERDA DO DEREITO Á PARTICIPACIÓN:  Non asistencia á entrevista persoal previa á asignación de empresa.


PROXECTO LIDERA

Esta iniciativa enmárcase no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), un proxecto que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha cofinanciación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Dentro do proxecto Lidera, esta acción formativa forma parte da actividade “Crece” que ten como obxectivo provocar un coñecemento, proceso e contexto de traballo en rede, no que se involucren os distintos actores e reactivos do territorio a través da xeración de espazos de desenvolvemento local no ámbito de influencia do proxecto.

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.


MÁIS INFORMACIÓN:  subactividades-xuventude.ctb@xunta.gal

FORMULARIO DE INSCRICIÓN