ENCONTRO SECTORIAL NO ESPAZO XOVE DE OURENSE: “A INNOVACIÓN COMO BASE DE EMPRENDEMENTO: A MOLINERA, LABORATORIO DE INNOVACIÓN DIXITAL”

25 Out 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Ourense, o encontro sectorial “A innovación como base de emprendemento: A Molinera, laboratorio de innovación dixital”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido da innovación dixital.

Contidos:
- Ferramentas dixitais e tecnolóxicas para a sociedade do coñecemento.
- Novas profesións, novos profesionais.

Data:       21 de novembro de 2018
Horario:  10:15- 12:00 horas
Lugar:      Espazo Xove de Ourense – Espazo Emprende.
                Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27
                32004 Ourense
Ponente:  César Pichel, responsable do centro de coñecemento e innovación A Molinera (Concello de Ourense).

 

Proxecto LIDERA

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.