A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convida a todas as escolas de educación no tempo libre de Galicia e a calquera outra persoa interesada a unha xuntanza na que se trasladarán as conclusións do informe elaborado polo grupo Sculca da USC tras unha revisión pedagóxica da parte de formación do borrador do novo decreto que desenvolverá o título II da Lei 6/2012, de Xuventude de Galicia.
O informe propón algunhas mudanzas no texto do último borrador ao que se chegou tras un longo proceso participativo. Nesta xuntanza debateranse estes puntos a fin de chegarmos entre todas e todos a un texto definitivo e iniciarmos a súa tramitación.
A xuntanza terá lugar o vindeiro día 5 de novembro na Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela) a partir das 16.30 horas.
As persoas interesadas en asistir deberán remitir un correo electrónico ao enderezo institutoxuventude.ctb@xunta.gal, indicando nome e apelidos e escola á que representa, no seu caso. No caso de non formar parte de ningunha escola, indicará o motivo do seu interese.
Consulta aquí o último borrador do decreto.
Consulta aquí o informe da USC.