XIV Olimpíada de Bioloxía

24 Out 2018

A Asociación Olimpíada de Bioloxía (OEB) convoca a XIV Olimpíada de Bioloxía (Fase Galega Autonómica) baixo o patrocinio de, entre outros, da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.

A Fase Galega celebrarase o 18 de xaneiro de 2019 na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

Poderán participar na XIV Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) todos os estudantes que estean matriculados na asignatura de Bioloxía no 2º curso de Bacharelato durante o curso 2018-2019, en centros de ensino de Galicia de calquera titularidade.

Prazo:  ata o venres día 16 de novembro de 2018.

A Primeira Fase, tamén chamada Olimpíada Autonómica ou Fase Local, da XIV Olimpíada Española de Bioloxía, consistirá na resolución dunha proba teórica tipo test ademais dunha parte práctica dos contidos de Bioloxía da ESO, de 1º de Bacharelato e de 2º de Bacharelato referidos ao Primeiro Bloque do programa oficial: A Base Molecular e Fisicoquímica da Vida.
Estas probas realizaranse o venres día 18 de xaneiro de 2019 na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña

A Fase Nacional da XIV Olimpíada Española de Bioloxía terá lugar en Palma de Mallorca (Islas Baleares) en datas por determinar. Nela participarán os gañadores da Primeira Fase de todas as comunidades autónomas.

Os 4 primeiros alumnos españois gañadores na Fase Nacional formarán parte do Equipo Olímpico de España na XXX Olimpiada Internacional de Biología 2019-IBO 2019 (Szeged-Hungría do 14 ao 21 de xullo de 2019).). Os 4 seguintes farano na XIII Olimpiada Iberoamericana de Biología 2019-OIAB 2019 (Cochabamba-Bolivia. na segunda semana de setembro de 2019).

https://www.biologosdegalicia.org/pdf/xiv_olimpiada_bioloxia/bases.pdf