XX Premio Luis Freire de Investigación Científica

24 Out 2018

O Concello da Coruña en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, convoca o XX Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola nas súas dúas modalidades:
- Investigación científica en Ensino Primario
- Investigación científica en Ensino Secundario Obrigatorio
Con motivo especial do 20 aniversario da convocatoria premiaranse todas as inscricións que finalicen a súa investigación e presenten a súa memoria antes do 1 de marzo de 2019. As aulas de todos estes participantes serán invitadas a visitar gratuitamente durante un día os tres museos científicos, complementándoa coas actividades que desexen realizar en cada un deles, en función da oferta dispoñible. A visita deberá realizarse durante o ano 2019 e exclúe o transporte.

Prazo
Quen desexe participar deberá formular a pregunta que será obxecto da súa investigación e cumprimentar o boletín de inscrición, onde redactará un resume do proxecto (extensión máxima de 60 palabras). Haberá que envialo ao correo electrónico premioluisfreire@casaciencias.org, ou entregalo na Casa das Ciencias antes das 12 horas do día 30 de novembro de 2018.
- As persoas participantes recibirán confirmación da inscrición do seu proxecto de investigación científica no concurso. Non se admitirá máis de unha pregunta por participante.
- Quen estean admitidos poderán comezar as súas investigacións e traballos ao recibir a confirmación de inscrición.
Os Museos Científicos Coruñeses poñen a disposición dos equipos participantes un servizo de asesoría que se pode solicitar escribindo a: premioluisfreire@casaciencias.org
O prazo para a presentación das memorias dos traballos estará aberto ata o 1 de marzo de 2019, e deberán enviarse ou entregarse na Casa das Ciencias (Parque de Santa Margarita s/n, 15002 A Coruña). Tamén se poderán enviar por correo electrónico ao enderezo premioluisfreire@casaciencias.org

 

Investigación científica en ensino primario

Profesorado de Ensino Primario en Galicia co alumnado da aula que se inscriba. A inscrición é individual e cada profesor/a participará coa súa aula.

Premios
- Primeiro premio: o/a profesor/a recibirá un equipo electrónico por determinar. A aula recibirá como obsequio a posibilidade de realizar unha visita especial ao Aquarium Finisterrae durante a que poderán participar na alimentación das focas e coñecer as instalacións non visibles ao público (inclúe todas as taxas municipáis e exclúe transporte e dietas). Tamén poderán presentar o seu traballo na feria científica Galiciencia, Ourense, en maio de 2019.
- Segundo premio: o/a profesor/a recibirá un equipo electrónico por determinar. A aula recibirá como obsequio a posibilidade de realizar unha visita especial ao Aquarium Finisterrae durante a que poderán alimentar ás focas e coñecer as instalaciones non visibles ao público (inclúe todas as taxas municipáis e exclúe transporte e dietas).
- Terceiro premio: o/a profesor/a recibirá un equipo electrónico por determinar. A aula recibirá como obsequio a posibilidade de realizar unha visita especial ao Aquarium Finisterrae durante a que poderán alimentar ás focas e coñecer as instalaciones non visibles ao público (inclúe todas as taxas municipáis e exclúe transporte e dietas).

Investigación científica en ensino secundario obrigatorio

Dirixido a alumnado de Ensino Secundario Obrigatorio en Galicia, individualmente ou en grupos, como máximo de 3 estudantes.

Premios
- Primeiro premio: o/a profesor/a e os/as alumnos/as gañadores recibirán un equipo electrónico por determinar. Presentación do traballo na feira científica Galiciencia, Ourense, en maio de 2019.
- Segundo premio: o/a profesor/a e os/as alumnos/as gañadores recibirán un equipo electrónico por determinar.
- Terceiro premio: o/a profesor/a e os/as alumnos/as gañadores recibirán un equipo electrónico por determinar.

http://www.coruna.gal/mc2/es/detalle-contenido-texto/premio-luis-freire-de-investigacion-cientifica-en-la-escuela/contenido/1453625646540