Axudas para a promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade

19 Out 2018

A Consellería de Política Social convoca axudas para a promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Financiaranse as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2018.

Requisitos:
a) Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %
b) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Ter unha renda per cápita da unidade familiar de convivencia que non supere o 300 % do indicador público da renda de efectos múltiples mensual (IPREM) establecido para o ano 2018.
Será requisito indispensable que a entidade/profesional autónomo prestadora/or do servizo de promoción da autonomía persoal figure inscrita/o, con anterioridade ao prazo de finalización de presentación de solicitudes, no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (Ruepss)

O formulario de solicitude están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia en https://sede.xunta.gal co código BS613B
O prazo estará aberto ata o 19 de novembro de 2018.
Máis información no DOG do 19 de outubro de 2018.