Xornada sobre as Políticas de Información Xuvenil en Baiona

19 Out 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, levou a cabo unha Xornada sobre as Políticas de Información Xuvenil da Xunta de Galicia.

O acto tivo lugar o 18 de outubro no IES 1º de Marzo de Baiona, ao que asistiron estudantes e profesores/as do Ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística.
As persoas asistintes recibiron información actualizada sobre a Rede galega de información xuvenil e dos programas e recursos que ten a administración autonómica para a mocidade galega.