Bolsas DAAD para cursos de verán en universidades alemás

16 Out 2018

Bolsas DAAD para cursos de verán en universidades alemás (de 3 a 4 semanas), que teñen como obxectivo promover a asistencia a cursos de idioma, cultura e civilización e de linguaxe especializada ofrecidos por institucións de educación superior públicas ou oficialmente recoñecidas pola República Federal de Alemaña, así como por institutos de lingua asociados.

As bolsas teñen unha duración mínima de 18 días de curso (cun máximo de 5 días por semana e sen incluír día de chegada e día de saída), cun mínimo de 25 horas lectivas por semana. Os cursos impártense entre os meses de xuño e decembro. As bolsas non son prorrogables.

Este programa de bolsas serve para profundar os coñecementos do idioma alemán (linguaxe xeral, linguaxe técnica) e coñecemento da cultura alemá.

Oferta de cursos (cursos marcados en azul). Os cursos impártense exclusivamente en alemán.

As solicitudes serán avaliadas por un comité de preselección en Madrid. A decisión final sobre a concesión dunha bolsa será tomada na sede central do  DAAD en  Bonn.

Os criterios de selección máis importantes son:
- Méritos académicos ata o momento.
- Motivación convincente na elección dos estudos universitarios.
- O coñecemento do alemán.

O prazo para a presentación de solicitudes no Centro de Información do  DAAD en Madrid finaliza o día 1 de decembro de 2018.

Dotación:  O  DAAD concede unha bolsa de 950 euros. Por regra xeral, o aloxamento pódese contratar a través do organizador do curso.

https://www.daad.de