ENCONTRO SECTORIAL NO ESPAZO XOVE DE TUI: “MARKETING PERSOAL PARA PERSOAS EMPRENDEDORAS”

15 Out 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Tui, o encontro sectorial “Marketing persoal para persoas emprendedoras”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido laboral.


CONTIDOS:

- Comprender as diferenzas entre “falar e transmitir”.

-Aprender a crear mensaxes emocionais que capten a atención da persoa interlocutora e desperten o seu interese.

-Aprender a manexar a linguaxe non verbal, tanto na comunicación oral como na comunicación escrita.

-Entender que un bo produto ou negocio necesita unha boa comunicación de posicionamento.


Ponente: Roberto Pérez Marijan, experto en oratoria e marketing dixital.


Data: 6 de novembo de 2018

Horario: 10:00- 13:00 horas

Lugar: Espazo Xove de Tui – Espazo Emprende.
Rúa Sanz, 28
36.700 Tui
Pontevedra

Entrada libre para os/as mozos/as interesados/as.


Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.