1 m2 polos montes, prados e bosques

11 Out 2018

O Proxecto LIBERA, a través da convocatoria lanzada para os días 10 ao 16 de decembro, pretende levar a cabo unha nova accion de conciencia cidadá “1 m2 polos montes, prados e bosques”

O Proxecto LIBERA pretende contribuír a acabar co grave problema que supón o abandono de lixos e residuos nos espazos naturais.

Do mesmo xeito que nas pasadas campañas de 1 m2 por ecosistemas poderanse unir á iniciativa organizacións, Ong, asociacións, empresas, centros educativos... que queiran organizar unha batida dentro das datas indicadas. O obxectivo principal é achegar datos a unha base común, a través dunha  APP específica para iso (E-Litter).

Como sempre, desde o proxecto facilitaremos formación, materiais (pack de participación con luvas, bolsas e balanza) e xestión dos seguros de voluntarios.

Anímate a liberar o campo de #Basuraleza

https://proyectolibera.org/proximos-eventos/