ENCONTRO SECTORIAL NO ESPAZO XOVE DE LALÍN: “EMPRENDEMENTO SOSTIBLE”

11 Out 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Lalín, o encontro sectorial “Emprendemento sostible”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido da produción ecolóxica.

CONTIDOS:
- Emprendemento e saúde a través da produción ecolóxica.
- Mellora da calidade de vida a través do consumo de produtos ecolóxicos.
- A formación en produción e consumo sostibles como investimento en calidade de vida.
Ponente: José Luis Rodríguez Barrio, emprendedor en produción e comercialización de carne ecolóxica.

Data:  24 de outubro de 2018
Horario:  11:30- 13:00 horas
Lugar:  Espazo Xove de Lalín – Espazo Emprende.
             Rúa Pena Toares, 2
             36500 Lalín
             Pontevedra
    
Entrada libre para os/as mozos/as interesados/as.


Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.