Certificación galega de competencias dixitais en ofimática

10 Out 2018

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia fai unha convocatoria de probas presenciais de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Destinatarios
Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.

A rede CeMIT ten publicado na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de «Autoformación» como material de apoio para a preparación destas probas:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática», asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.

A rede CeMIT ten publicados na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de «Autoformación» como material de apoio para a preparación destas probas

Datas e horarios das probas: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181010/AnuncioG0177-021018-0002_gl.html

Solicitudes
As persoas que desexen participar nas probas deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal)
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 22 de outubro de 2018.

Máis información no DOG do 10 de outubro de 2018 e en https://cemit.xunta.gal