Xornada sobre as Políticas de Información Xuvenil da Xunta de Galicia.

10 Out 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, levou a cabo unha Xornada sobre as Políticas de Información Xuvenil da Xunta de Galicia.

O acto tivo lugar o 9 de outubro, as 19:30 horas no Centro coordinador de Información Xuvenil, ao que asistiron 24 estudantes e profesores/as do Ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística do IES “Rosalía de Castro” de Santiago de Compostela, que recibiron información actualizada sobre a Rede galega de información xuvenil e dos programas e recursos que ten a administración autonómica para a mocidade galega.