O CEIDA acaba de abrir o prazo de solicitude para o seu programa de educación ambiental anual dirixido a todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, así como outras entidades, asociacións ou colectivos interesados.
O programa educativo inclúe visitas guiadas e roteiros interpretativos por dous espazos de grande valor natural e cultural do Concello de Oleiros: a Illa de Santa Cruz e o Monumento Natural Costa de Dexo. Con elas, o equipo de Educación Ambiental do CEIDA pretende dar a coñecer os valores naturais e patrimoniais da nosa contorna, espertar os sentidos de todos/as os/as participantes, e descubrir os segredos do mundo natural, activando propostas que deriven en actitudes e comportamentos congruentes coa ética ambiental.
Todas as actividades son adaptadas segundo as características e particularidades de cada grupo.
- Actividades dirixidas aos centros educativos: http://www.ceida.org/gl/categorias-educacion-e-divulgacion/actividades-dirixidas-a-centros-educativos
- Actividades dirixidas a outras entidades ou colectivos: http://www.ceida.org/gl/categorias-educacion-e-divulgacion/actividades-dirixidas-a-outros-colectivos
Máis información:
CEIDA – Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Castelo de Santa Cruz, s/n
15179 Liáns-Oleiros. (A Coruña)
Teléfono 981 630 618
difusion@ceida.org
www.ceida.org