Encontro sectorial no Espazo Xove de Chantada: “Innovación, crecemento e expansión no sector turístico e hoteleiro”

09 Out 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Emprende sito no Espazo Xove de Chantada, o encontro sectorial “Innovación, crecemento e expansión no sector turístico e hoteleiro” , un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido do sector turístico e hoteleiro..

Data: 23 de outubro de 2018
Horario: 10:00- 12:00 horas
Lugar: Espazo Xove de Chantada – Espazo Emprende.
          Rúa Rosalía de Castro, 1
          27500 Chantada. Lugo
          Teléfono: 982 870 258
        
Estudo do caso da empresa HOTUSA:
- Actividades comerciais en máis de 130 países.
- Proceso de desenvolvemento da actividade empresarial.
- A innovación nos procesos de selección de persoal.

Ponente: Pilar García, departamento de selección de persoal de HOTUSA.

Entrada libre para os/as mozos/as interesados/as.

Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.