Curso sobre o comercio electrónico

08 Out 2018

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC) convocan un curso sobre o comercio electrónico.

Requisitos:
Poderá participar na actividade formativa convocada mediante esta resolución o persoal do IGCC, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dos Espazos Xoves e das OMIX que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar .

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 18 de outubro de 2018.

Código do curso:  CV18043. Comercio electrónico.

Obxectivos:

– Explicar os pasos a seguir para facer compras na internet dun xeito seguro e, especificamente, os aspectos máis importantes para evitar fraudes: identificación de páxinas seguras e dos distintos medios de pago; explicación da posibilidade de abandonar a compra e descrición das vantaxes e dos inconvenientes no emprego da banca electrónica na compra en liña.

– Habilitar o alumnado participante para o manexo da ferramenta en liña simulador de compras do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, co obxectivo de realizar compras seguras na internet.

– Dar a coñecer os dereitos específicos das persoas consumidoras e como presentar unha reclamación no caso das compras efectuadas a distancia.


Desenvolvemento:
Modalidade:  teleformación.
Duración:  20 horas.
Edicións:  1.
Datas:  do 23 de outubro ao 23 de novembro de 2018.
Proba final:  23 de novembro: das 9.00 ás 14.00 horas.

Contido.
Módulo inicial: Presentación (2 horas).
– Guía docente e presentación do curso.

Módulo 1: O consumo na rede (3 horas).
– Estudo do denominado consumo na rede, con especial referencia aos hábitos e aos comportamentos máis habituais das persoas ao ter un acceso libre e prolongado á rede.
– Análise das novas formas de consumo que están en auxe.

Módulo 2: A seguridade das compras na rede (4 horas).
– Estudo dos pasos a seguir para realizar unha compra ou contratación segura por la internet, proporcionando ferramentas que servirán de guía básica para navegar con seguridade.
– Identificación de páxinas seguras para mercar na rede.
– Correo non desexado e tipoloxías.
– Tipos de estafas e delitos nas compras na internet: como evitalos.

Módulo 3: A banca electrónica (3 horas).
– Concepto de banca a distancia. Vantaxes e inconvenientes da banca electrónica.
– Uso seguro de banca electrónica.
– Consellos específicos para efectuar transaccións bancarias.

Módulo 4: As vías de resolución de conflitos (3 horas).
- Dereitos das persoas consumidoras.
- Dereitos específicos das compras a distancia.
- Como reclamar nas compras por la internet.

Módulo 5: Manexo coa ferramenta do simulador de compras (3 horas).
– Coñecemento e formación específica no manexo do simulador de compras, coa finalidade de que o alumnado a poida empregar como ferramenta didáctica no seu propio ámbito laboral cun público destinatario concreto.

Módulo final: Conclusións e avaliación (2 horas).

Máis información e matrícula en https://egap.xunta.gal e no DOG do 8 de outubro de 2018