A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos convoca a XV edición do concurso de poesía ANOMAR, onde a temática dos poemas é libre, cun mínimo de 20 versos e un máximo de 100, sendo a lingua dos poemas en galego.
As categorías do concurso están divididas por idades:
- 1ª categoría: rapaces e rapazas entre os 8 e os 12 anos.
- 2ª categoría: mozas e mozos entre os 13 e os 17 anos, e
- 3ª categoría: a partir de 18 anos.
Os poemas poden enviarse por correo ordinario a:
Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos
R/Ameneiro, número 8
15894 Os Tilos-Teo,
Tamén se pode facer de forma on-line ao seguinte enderezo: anomar@arcostilos.org, a obra será remitida como arquivo axunto, sen poñer o nome da persoa, e no corpo do correo electrónico terán que constar os datos da autora/autor.
No asunto indicarase XV Concurso de Poesía ANOMAR.
O prazo para participar estará aberto ata o 14 de novembro de 2018.
A decisión do xurado coñecerase nun acto público nos locais da asociación ás 20:00 horas, o venres 30 de novembro de 2018.
Máis información: http://asociacion.arcostilos.org/xv-concurso-de-poesia-anomar/