Google Science Fair 2018

04 Out 2018

A Google  Science  Fair 2018 é un concurso de habilidades onde os estudantes deberán enviar os seus proxectos.

O concurso constará dunha fase aberta de envío de proxectos, outra fase de deliberación do xurado e, por último, dun evento final en vivo no que se darán a coñecer os gañadores e que levará a cabo ao redor do mes de xullo ou agosto de 2019 na sede central de Google situada en  Mountain  View,  California.

Para poder participar no concurso, todos os membros do equipo deben ter ou deben crear unha conta de Google gratuíta.

Os participantes poden presentar Proxectos que pertenzan a un dos seguintes temas como tema principal e ata dous  subtemas:
Flora e fauna.
- Ciencias da alimentación.
- Ciencias ambientais e da Terra.
- Inventos e innovación.
- Electricidade e electrónica.
- Robótica.
- Bioloxía.
- Química.
- Física.
- Ciencias sociais e do comportamento.
- Enerxía e espazo.
- Astrofísica.
- Informática e matemáticas.

O xurado examinará todos os proxectos en función dos criterios de avaliación. Os que obteñan a maior puntuación examinaranse detidamente para anunciar os 100 proxectos finalistas rexionais. Despois, o xurado seleccionará aos 20 finalistas de todo o mundo para que viaxen a Mountain View, California (Estados Unidos), onde se anunciarán os gañadores por categorías e o gañador do gran premio.

Requisitos:  os participantes da Unión Europea deben cumprir polo menos os 16 anos de idade antes do 12 de decembro de 2018.

Premio:  O gañador do Gran Premio recibirá unha bolsa valorada en 50.000 $. Esta bolsa pretende ampliar a educación do gañador. Se o gañador do premio é un equipo, o valor da bolsa dividirase de forma equitativa entre os seus membros

Prazo:  12 de decembro de 2018

https://www.googlesciencefair.com/intl/es/competition/info