Certificados de profesionalidade en Vigo

03 Out 2018

O grupo Femxa convoca formacións para a obtención de certificados de profesionalidade. Esta formación está 100% subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social e por tanto non supón custo algún para os desempregados interesados.
Os certificados de profesionalidade que se van a impartir durante os próximos meses son os seguintes:

Inicio Novembro:
Docencia da Formación Profesional para o Emprego (SSCE0110): Proba de selección 16/10 ás 10:00.
Organización do Transporte e a Distribución (COML0209): Proba de selección 17/10 ás 10:00.
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (ADGG0408): Proba de selección 17/10 ás 10:00.
Xestión e control do aprovisionamento (COML0210): Proba de selección 19/10 ás 10:00.

Inicio Febreiro:
Organización e xestión de almacéns (COML0309): Proba de selección 04/02.

Trátase de certificados de nivel 3, na súa maioría, e un certificado de nivel 1 onde non se requiren estudos mínimos. Todos contan con módulo de prácticas unha vez superada a parte teórica. Cada un deles conta con 15 prazas dispoñibles.

A impartición dos certificados realizarase en  Femxa, Vigo.
A información completa, así como as datas de inicio e horarios pódese consultar desde a seguinte páxina: www.cursosfemxa.es/afdsgalicia

Os interesados teñen que solicitar praza na Oficina de Emprego de Galicia onde estean inscritos como demandantes de emprego, indicando o código e nome do certificado.

MáIs información: Web: www.cursosfemxa.es/AFDSGalicia
Teléfono gratuito: 900 100 957
E-mail: atencionalumno@femxa.com