Escola de Tempo Libre BALEA

A E.T.L BALEA nace dunha iniciativa de monitores que deciden iniciar unha andaina formando novas xeracións de profesionais do tempo libre asegurándose un xeito de entender o lecer e o seu entorno laboral acorde cos tempos actuais e coas novas necesidades que a sociedade esixe e sempre dende un punto de vista realista e práctico. Facendo repaso dos estatutos é importante salientar que:

​"Artigo 2º.- Son fins e obxectivos da ETL Balea:

1. Proporcionar formación e habilitar persoas como monitores/as, directores/as de tempo libre, directores/as de campos de traballo e dirixentes de proxectos de educación e animación sociocultural en xeral.

2. Organizar cursos de formación, encontros, seminarios, obradoiros... regulados ou non, para a formación, mellora e profesionalización dos educadores anteriormente citados.

3. Organizar encontros, conferencias, congresos e en xeral calquera tipo de actividade que axude a consecución dos fins da ETL Balea.

9. Accionar proxectos de intercambio e cooperación.

16. Intervir socioeducativamente na comunidade, para fomentar a súa dinamización social, cultural, educativa e no tempo libre.

18. Fomentar o uso da lingua galega como idioma vehicular.

21. Elevar os niveis de profesionalidade e calidade no eido do tempo libre.

24. Crear espazos de encontro, intercambio, debate, etc. entre educadores/as, formadores/as, etc."    BALEA

Enderezo:  Camping Os Fieitas, Balea s/n 36988, O Grove (Pontevedra)
Entidade Titular:  Asociación Socio-Cultural Balea
Teléfonos:  600 802 222 e 653 908 020
Enderezo electrónico:  etlbalea@gmail.com
Horario de atención ó público:  Deixar menxase no mail, facebook, web ou no contestador e xa se poñen en contacto.
Ámbito xeográfico de actuación:  Comunidade Autónoma Galega.

Catálogo de formación
•Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre
•Curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre
•Curso de Director/a de Campos de Traballo
•Monográficos segundo as necesidades do sector
•Cursos de Actividades Náuticas

Outras actividades:  Cursos monográficos e Obradoiros

Máis información na web https://etlbalea.wixsite.com/escola

Redes sociais
Facebook: @etlbalea
Instagram: @escoladetempolibre