Correspondentes Xuvenís curso 2018/2019

28 Set 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca un curso máis o programa Correspondentes Xuvenís 3.0

Correspondentes xuvenís 3.0 pretende contar cunha "antena informativa" en cada centro educativo, na que se responsabilice o alumnado de recoller a información en materia de xuventude que se lles envie desde Xuventude ou da OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.

Os correspondentes terán as seguintes funcións:
1. Xestionar un taboleiro informativo no que haberá información sobre temas do seu interese.
2. Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, entre os compañeiros de instituto, grupos de wahtsapp..
3. Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro.
4. Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.correspondentes3

Beneficios para os/as correspondentes:
Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen no albergue xuvenil de Gandarío.
Recibirán gratuitamente o carné xove, o carné de estudante internacional (ISIC)e o carné de alberguista durante o ano escolar no que están como correspondentes.
Terán preferencia nalgúns dos programas da DXXPV nos que así conste nas súas bases.
Reconoceráselles o tempo como persoas voluntarias mediante un certificado expedido pola Dirección Xeral de Xuventude.
Poderán solicitar o Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.

Beneficios para o profesorado colaborador:
Recibirán gratuitamente o carné internacional de profesor/a (Carné Teacher)

O programa Correspondentes Xuvenís pode solicitarse de dúas formas:
A través do Plan Proxecta da Consellería de Educación. (Prazo: 26 de outubro de 2018)
Directamente coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través do Centro Coordinador de información xuvenil, teléfono 881 997 606