Bacharelato en Canadá ou EE.UU: Bolsas da Fundación Amancio Ortega

28 Set 2018

A Fundación Amancio Ortega organiza este programa de bolsas, co obxecto de facilitar a mozos de institutos españois un proceso de inmersión nunha cultura estranxeira, á vez que perfeccionan a aprendizaxe da lingua inglesa, durante un ano académico.

Os alumnos seleccionados convivirán cunha familia do país de acollida e cursarán Grao 11 (equivalente a Primeiro de Bacharelato). A bolsa cobre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes,  convalidación do ano académico e apoio continuado durante os dez meses de estancia;

O Programa está dirixido a mozos de 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria.
Convócanse un total de 600 bolsas para estudar Primeiro de Bacharelato en Canadá ou en Estados Unidos: 100 bolsas asignaranse a participantes de centros da Comunidade Autónoma de Galicia e 500 a participantes de centros do resto de España.

Requisitos:
Estar inscrito como estudante de 4º curso de ESO no momento de presentar a solicitude de participación.
Obter unha nota media mínima de 7 puntos en 3º de ESO.
Obter unha nota mínima de 8 puntos na materia de inglés nas notas finais de 3º de ESO.

O proceso de selección consta de tres fases:
Primeira fase: envío de solicitudes de participación en liña.
Segunda fase: proba escrita de inglés.
Terceira Fase: proba oral de inglés e entrevista.

O prazo para o envío das solicitudes estará aberto ata o 30 de outubro de 2018

https://becas.faortega.org/