Transparencias. Novas artistas de Teo

27 Set 2018

Novas Artistas de Teo é un colectivo artistico formado por mozas do concello de Teo.

Novas Artistas de Teo inauguran Transparencias no Estudio de Arte da artista Ana Costas (@anacostasf) en Cacheiras 35, Teo, na que participan Alejandra Pardo Martínez (@alejandrapardoart), Rosalía Méndez Senra, Luzía Méndez Senra, Carmen Díaz Moreiras (@came.art), Iria Campos Fernández (@crosstown2) e Inés Vázquez Santos. 

Transparencias é unha exposición itinerante que estará tamén na Casa Común dos Tilos no mes de outubro, incluindo máis artistas novas de Teo.

Inauguración: 27 de setembro no Estudio de Arte en Cacheiras 35, Teo.

Instagram: @novasartistasteo