Bolsas relacionada coa política agrícola común e o seu financiamento

25 Set 2018

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoca 7 bolsas relacionada coa política agrícola común e o seu financiamento:

2 para titulados de grao en Economía, Ciencias Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, Administración e Xestión Pública, ou Dirección e Xestión Pública.
5 para Enxeñeiros Agrónomos, titulados de grao en Veterinaria, Enxeñería en Ciencias  Agronómicas, Enxeñería Agrícola, Enxeñería Agroambiental, Enxeñería Ambiental, Enxeñería do Medio Natural, ou Enxeñería Forestal.

Beneficiarios: Españois ou dun Estado membro da Unión Europea, residentes en España, menores de 30 anos, que terminasen os seus estudos no prazo dos 4 anos anteriores.

A contía das bolsas por beneficiario será de 1.200 euros brutos mensuais.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 9 de outubro de 2018.
Máis información no BOE do 25 de setembro de 2018