Subvencións a actuacións destinadas á xuventude e ao voluntariado

25 Set 2018

A Consellería de Política Social convoca subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Entidades beneficiarias:  Entidades de acción social sen ánimo de lucro e a Cruz Vermella Española.

Programas e actuacións subvencionables:
a) Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica.
b) Actuacións de inclusión social.
c) Actuacións destinadas á atención, promoción da autonomía persoal e apoio das persoas maiores ou a persoas con discapacidade.
d) Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou a persoas con discapacidade.
e) Actuacións destinadas á xuventude.
f) Actuacións destinadas ao voluntariado.

Os formularios de solicitude están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal co código BS623D
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 25 de outubro de 2018.
Máis información no DOG do 25 de setembro de 2018 e en http://politicasocial.xunta.gal