Programa Xogade

21 Set 2018

A Secretaría xeral para o Deporte convoca o programa Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar), curso 2018/2019.
Poderán inscribirse neste programa os centros de ensino, anpas, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas, asociacións, etc. que o desexen, pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.

As actuacións do programa para a tempada 2018/2019 son:

– Actividade deportiva escolar.
– Actividade deportiva federada.
– Coñece o meu club.
– Xogos populares.
– Proxecto deportivo de centro.
– Xogando coa auga.
– Seguro federado de 6 a 16 anos.

Máis información en http://xogade.xunta.es/es/xogade
www.deporteescolargalego.com