I Convocatoria de Bolsas Fundación Adecco para as persoas con discapacidade

18 Set 2018

A Fundación Adecco fai a I Convocatoria de Bolsas Fundación Adecco co obxectivo de favorecer a educación superior e de calidade para as persoas con discapacidade.

- Bolsa de Mobilidade Internacional: alumnos de Grao, Máster ou FP matriculados nalgunha Universidade ou Centro de FP estranxeiro no curso 2018-2019 ou con preinscrición para o curso en vigor, un trimestre como mínimo. Contía: ata 5.000 euros/bolsa.
- Bolsa de Grao: alumnos de Grao matriculados nalgunha Universidade española no curso 2018-2019. Contía: ata 2.500 euros/bolsa.
- Bolsa de Máster: alumnos de Máster matriculados ou  pre-inscritos nun  Master oficial nalgunha Universidade española ou entidade recoñecida no curso 2018-2019. Contía: ata 2.500 euros/bolsa.
- Bolsa de Ciclo de Grao Superior e Grao Medio: alumnos matriculados en Ciclo de Grao Superior ou en Grao Medio no curso 2018-2019. Contía: ata 2.500 euros/bolsa.
- Bolsa de Inglés: alumnos matriculados en estudos de Grao, Máster, Ciclo de Grao Superior ou en Grao Medio no curso 2018-2019 que se estean preparando para conseguir un nivel B2, C1 ou C2 de inglés ou equivalente segundo a táboa indicada na convocatoria.

O prazo para poder facer chegar á Fundación Adecco a solicitude e documentación requirida estará aberto ata o 11 de novembro de 2018.

Requisitos: Poderá solicitar as bolsas calquera estudante que conte cun certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%, emitido por unha Comunidade Autónoma española, que conte con permiso de residencia en España e que reúna os requisitos esixidos nas modalidades de bolsa.

Máis información: www.fundacionadecco.org