Emprende Cultura Gaiás-Sixto Seco

17 Set 2018

A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia.

Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades:

Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet
Proxectos na área do deseño
Iniciativas na área da xestión cultural

O premio en cada unha das modalidades será a incorporación gratuíta e durante doce meses ao espazo de coworking ‘Emprende Cultura Gaiás’ da Cidade da Cultura, a asistencia con todos os gastos pagados ao Zinc Shower 2014 o maior meeting show de industrias culturais e creativas realizado en España; e apoio, asesoramento e formación por parte de Agadic durante os primeiros pasos da empresa.

Poderán participar nesta convocatoria os titulados de ciclos medios e superiores de Formación Profesional e das ensinanzas profesionais de artes plásticas, deseño e de ensinanzas deportivas.

Xunto coa solicitude de participación, os interesados deberán presentar os seus traballos e documentación acreditativa da súa formación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia antes do 23 de novembro. O nome dos gañadores daranse a coñecer o 20 de decembro.

http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/emprende-gaias-sixto-seco

Emprende Gaiás-Sixto Seco

A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia.

Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades:

  1. Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet
  2. Proxectos na área do deseño
  3. Iniciativas na área da xestión cultural

O premio en cada unha das modalidades será a incorporación gratuíta e durante doce meses ao espazo de coworking ‘Emprende Cultura Gaiás’ da Cidade da Cultura, a asistencia con todos os gastos pagados ao Zinc Shower 2014, o maior meeting show de industrias culturais e creativas realizado en España; e apoio, asesoramento e formación por parte de Agadic durante os primeiros pasos da empresa.