Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga 2 e 4

14 Set 2018

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4.

Persoas destinatarias: As persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes de finais do ano 2018, nacionais ou estranxeiras.

Datas: As probas do Celga 2 e do Celga 4 terán lugar entre a segunda quincena de novembro e a primeira fin de semana de decembro de 2018.

Lugares: As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED114A, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web http://www.lingua.gal, que permite cubrir e editar a solicitude.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 4 de outubro de 2018
Máis información no DOG do 14 de setembro de 2018 e en www.lingua.gal